Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza/Historia/Represion franquista. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza/Historia/Represion franquista. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 23 de setembro de 2008

Lista da memória entregue a Garzón

Foi ontem entregue a lista contendo parte das vítimas do franquismo, respondendo a um pedido do juiz Baltasar Garzón. Dela constam quase 150 mil pessoas. As associações de recuperação da memória tiveram 2 semanas para responder a este pedido, tal como mencionámos neste post anterior.
Entretanto, estas associações criaram o site Todos los nombres, onde estão contidos todos os nomes das vítimas.

terça-feira, 26 de junho de 2007

Dionísio Pereira: manifesto a prol da liberdade de creación científica

Caros amigos,
Aproveito o seguinte e-mail enviado por Dionísio Pereira, investigador galego adicado (entre outros asuntos) ó estudo da represión franquista.

"Manifesto:
A todos/as os/as historiadores/as e investigadores/as. Compañeiras, compañeiros:
Como sabedes, hai poucos días foi admitida a trámite polo Xulgado de 1ª Instancia de A Estrada unha demanda contra min por parte da familia de Manuel Gutiérrez Torres, "camisa vella", antigo xefe local de Falanxe e ex alcalde de Cerdedo ate os anos 60. Non abundarei na cuestión, porque vos supoño coñecedores/as (ver a páxina web http://www.sinhorafranio.com/) dos detalles do asunto; tan só informarvos que a miña avogada considerou interesante a publicación na prensa dun manifesto a prol da liberdade de creación científica, na que se insire o labor do/a historiador/a, apoiado polo maior número de persoas adicadas a este tipo de traballos. O devandito manifesto, apoiado polas sinaturas, podería ser presentado no xulgado no momento procesal máis indicado, de acordo coa evolución do xuízo ou dun posible recurso.
En consecuencia, envíovos o devandito manifesto (redactado por colegas solidarios) no arquivo adxunto e solicito a voso apoio. A efectos de posible presentación no Xulgado, sería preciso o voso DNI, así como o lugar de residencia e a profesión. As sinaturas recolleríanse neste correo ou no de Xoán Carlos Garrido.
Obrigado a todos e todas de antemán.
Saúde
Dionísio Pereira".

PD (de Daniel Lanero): algunhas informacións sobre este desagradable e incrible asunto xa circularón pola blogesfera lusa, en concreto aqui no "Peão" en febreiro deste mesmo ano.

quarta-feira, 14 de fevereiro de 2007

Ser historiador na Galiza: unha profesion de risco?

Amigos e companheiros peons. Hoxe mais que escribir eu, quixera deixar este espazo a outro, un colega de profesion, tamén galego, o historiador Dionisio Pereira, a quen xa me tenho referido noutra ocasion cando colguei aqui un post sobre unha iniciativa de recuperacion da memoria dos represaliados polo franquismo na costa galega: "O Barco da memoria".

Dionisio Pereira foi denunciado ante a xustiza pola familia do (xa falecido) antigo alcalde e xefe da Falange local de Cerdedo (Pontevedra) a causa dalguns dos contidos das suas investigacions sobre a represion franquista neste concello durante a Guerra Civil e os anos da primeira posguerra. A seguir, reproduzo o comunicado do historiador para que conhezades de primeira man as circunstancias polas que atravesa:

"DIONISIO PEREIRA GONZALEZ11-feb-2007

A/a dos amigos /as historiadores e responsables das asociacións de recuperación da memoria:
A familia (residente en Pontevedra) do antigo alcalde de Cerdedo (dende 1950) e xefe local de Falange nos días que seguiron ao golpe militar, Manuel Gutiérrez Torres, familia que tamén está emparentada con outro falanxista de primeira hora, Francisco Nieto, tenme presentado unha demanda de conciliación que se verá o día 15 de febreiro ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro "A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo" editado en 2006 por "Verbo Xido" a seguinte frase:
"Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...."
Tamén o fan por unha frase semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria celebrado en Narón en decembro de 2003.
Esixen que me retracte, que publique esa retractación nos mesmos medios nos que foron escritas as frases devanditas e que acepte unha indemnización polos danos e perxuízos sufridos, "en la cuantía que se determinará en el momento procesal oportuno".
Como é evidente, eu nin podo nin quero retractarme, posto que esas persoas foron sinaladas por numerosas fontes orais como participantes nunha represión na que se pasearon a 7 veciños, houbo malleiras, multas, roubos, detencións e humillacións sen taxa, etc. etc. Non podo, pois, por que non podo faltar á verdade, e porque tamén está en xogo a dignidade das vítimas. O problema é que só teño fontes orais, posto que como sabes, os paseos, as malleiras, os roubos, etc. non teñen a penas referencias documentais (só en casos moi excepcionais) e ficaron impunes. Ademáis, eu non utilizarei nunca as miñas fontes orais como testemuñas nun xuízo, porque non podo implicar nesa situación tan desagradable a persoas de máis de 80 anos, que confiaron en min e que xa saben o que foi a represión fascista porque aturaron con ela na súa mocidade. Algúns, ademáis, son familiares directos dos asasinados.
En conclusión, está en xogo a liberdade de expresión e o mantemento "per secula seculorum" da impunidade dos agresores, asumida hoxendía polos seus descendentes. A maiores, aqueles que se beneficiaron do franquismo, pretenden seguir facéndoo en retrospectiva.
Entendo, pois, que isto sobarda a cuestión persoal, e debera ser tomado en conta xunto con outros "incidentes" similares que están a acontecer (no Grove e en Cambados, por exemplo), por todas aquelas persoas e entidades que vimos traballando na recuperación da memoria da represión franquista, e, se é posíbel, darlles unha resposta colectiva.
Por algunhas informacións, me consta que a familia en cuestión tivo presións externas, non sei de quén, pero posibelmente de círculos da dereita, para presentar a demanda.
Polo tanto, se temos en conta as ameazas que comezan a proliferar, podemos estar no comezo dunha estratexia para cortar as actividades de historiadores e colectivos debruzados nesta temática, aproveitando os innegables trazos conservadores (por utilizar unha expresión suave) do aparato xudicial: daqueles polvos da Transición, veñen estes lodos.
Este comunicado que vos remito adxunto pode ser enviado axiña á prensa, co maior apoio posíbel de colectivos e persoas.
En calquera caso, nós estamos polo labor de facer algo conxuntamente.
Saúde".
Para mais informacion o respecto, podedes ler esta noticia de hoxe de EL PAIS (edicion dixital - Galicia):