E logo, ¿que cousa son "le foibe"? "Le foibe", en italiano, son aquelas grandes foxas ou buratos causados pola erosión da auga nas zonas de composición xeolóxica cárstica. Son aquelas "simas" ou "dolinas" das que nos falaran - hai xa anos - os nosos profesores de Xeografía física. Pero aquí, en Italia, e sobre todo no estremo nordeste do país, a palabra "foibe" é polisémica, significa moito máis. Fai referencia a uns certos lugares da traxedia e da memoria colectivas. Ó rematar a IIª Guerra mundial, os partisanos comunistas de Tito, como represalia á ocupación fascista da Dalmacia e da cidade de Ljubljana (capital do actual Estado esloveno), e a outra serie de accións militares de castigo (fusilamentos colectivos de civís), levaron a cabo deportacións en masa de poboacións de orixe italiana asentadas nas rexións de Istria e Dalmacia e asasinaron indiscriminadamente, botándo despois os seus cadáveres a estas foxas ("foibe") a milleiros de persoas (algúns traballos falan de varias decenas de milleiros). Entre as vítimas italianas predominaron, aínda que non só, aquelas persoas que, dun modo ou outro viñan a representar ás institucións do derrotado réxime fascista (policías, axentes de banca, funcionarios...). Mesmo a cidade de Trieste estivo durante corenta días - lembrados como "terribles" polos seus habitantes - baixo o control das unidades paramilitares partisanas.
O pasado día 10, nun acto oficial de homenaxe á memoria das vítimas das "foibe" e ós seus descendentes, o Presidente da República italianana, o ex - comunista e ex - ministro do interior Giorgio Napolitano, referiuse ás masacres de italianos dos meses posteriores ó fin da IIª Guerra mundial con expresións moi contundentes, como "foi limpeza étnica", "furia sanguinaria" ou "deseño anexionista eslavo". O Presidente non fixo ningún tipo de referencia a Croacia, pero tampouco ós excesos cometidos polo exército (fascista) italiano durante o conflito mundial. Se cadra porque non quería, como Presidente de tódolos italianos, ferir a sensibilidade dalgúns sectores sociais e, sobre todo, dalgunhas forzas políticas da dereita máis nacionalista. Este discurso de Napolitano ten tido como consecuencia (ó parecer non desexada dende Italia) unha verdadeira crise diplomática entre os dous países nun momento decisivo no curso das negociacións para o ingreso de Croacia na Unión Europea. O primeiro ministro croata, o tamén ex - comunista Stipe Mesic, realizou unhas durísimas declaracións ós medios de comunicación do seu país nas que falaba de "discurso racista e revisionista" e dun suposto interese italiano por revisar os vellos Tratados de Paz do ano 1947. En particular, semella que foi o emprego por parte de Napolitano do adxectivo "eslavo" o que alporizou o primeiro ministro Mesic, pois "eslavo" pode ser entendido en Croacia como un adxectivo desprezativo de contido racista.
Tanto a clase política italiana como os medios de comunicación deste país pecharon filas en apoio do seu Presidente, referíndose a unha incontrovertible realidade histórica e dando lugar a interpretacións políticas, se se quere dicir así, un tanto chauvinistas: que as palabras de Mesic non tiveron eco ningún en Croacia, non sendo un par de pintadas nun edificio e nunha escola na zonas de asentamento da minoría italiana, que se en Croacia hai eleccións lexislativas este ano e Mesic pretendeu con estas declaracións excitar os ánimos dun nacionalismo radical croata...
Tamén hai quen afirma que o que menos esperaba Mesic era que a recuperación da memoria das "foibe" (un tema incómodo que xenera tensións entre ámbolos dous países e que se procura manter nun moi segundo plano político) viñera dun Presidente da República ex - comunista e gobernando en Italia o centro - esquerda. Se cadra, podía agardalo máis dun goberno de centro - dereita populista como os anteriores executivos de Berlusconi.
En Italia prefiren interpretar o discurso de Napolitano en clave exclusivamente interna e ven o recoñecemento de Giorgio Napolitano ás vítimas das matanzas das "foibe" como unha iniciativa atrevida e positiva que repara unha memoria até o de agora voluntariamente esquecida pola clase política italiana e polas institucións do Estado. Durante a etapa da "Guerra Fría", a memoria dos italianos represaliados nos territorios fronteririzos coa nacente Iugoslavia do daquela emerxente Tito era un asunto incómodo para todos. Para a esquerda, e sobre todo para o PCI, por motivos obvios. Para a Democracia Cristiana, segundo explicaba onte nun debate político na TV, o eterno ex - presidente do consello Giulio Andreotti, porque o seu partido interpretou que os triestinos querían pasar unha páxina tan dura da historia da súa cidade e ollar cara adiante, argumento, polo demais, moi exitoso en moitos sitios cando as dereitas políticas téñense que enfrontar cunha pouco reconfortante "memoria histórica" (véxase senón o caso, aínda que diferente, de España).
En conclusión, eis un exemplo máis da (¿inevitable?) politización das memorias da represión por motivos ideolóxicos, étnicos... en calquera lugar. Na miña opinión si que sería posible abstraer o estudo histórico da represión ou da resistencia dunha instrumentalización política. O que non teño claro é cántos historiadores e investigadores están dispostos a desapegarse só por un instante dos seus posicionamentos ideolóxicos de referencia (que non dos seus valores democráticos), e moito menos, cántos políticos terían a vontade de facer o esforzo de abordar a xestión pública da "memoria histórica" deixando de lado as dinámicas particulares da confrontación partidaria de cada momento ou os obxectivos electorais no horizonte máis inmediato.
En realidade, penso que hai algunha alternativa a unha xestión pública sectaria das memorias da represión. E esta alternativa, de feito, tamén é política. Pasa pola construcción de consensos cívicos sobre un pasado en común conflitivo destinados a reforzar os valores e as bases da propia convivencia democrática: un golpe de Estado sempre será un golpe de Estado e non haberá "circunstancias de excepción" de ningúnn tipo que o xustifiquen, como gustan argumentar certos pseudohistoriadores revisionistas en España; un asasinato político sempre será un asasinato político, e polo tanto inadmisible e condenable; non existen as "dictaduras boas"; o holocausto non pode deixar de ser unha realidade histórica irrefutable ou as leis raciais da Italia fascista (1938) foron unha barbaridade... Só por poñer algúns exemplos.
Por iso non é mala idea a iniciativa xurdida da parte de certos sectores do governo croata (prevención) que pretenden impulsar unha comisión mixta italo - croata de historiadores que estudie tanto os crimes cometidos polo fascimo italiano como aqueles outros producto das represalias dos partisanos de Tito. Agora, eu teño poucas esperanzas de que, como di o escritor de orixe croata (e residente en Italia dende 1994) Predrag Matvejevic, sexa posible "restaurar a verdade histórica" (se é que este tipo de verdade existe...). E, en realidade, tampouco sei se as minhas utópicas e inxenuas propostas poderán ir a algures... Claro, sempre haberá quen queira ver por detrás delas un perigoso intento de fomentar o apoliticismo...

1 comments:
Ironia da História.
Ora aqui está um post importante, por suscitar um repensar da verdade histórica de ambos os lados. E por convocar os estudiosos a essa empresa. De que estamos à espera para este reexame do passado?
Enviar um comentário