Queridos colaboradores e vistantes do noso Peao. Por motivos de traballo (ou mellor dito, de precariedade laboral) este colaborador tense trasladado temporalmente de Santiago de Compostela para Boloña. Dúas cidades igual de universitarias, igual de belas e case igual de húmidas. Entre frío, soportais, pazos, igrexas e porcións de pizza - da de verdade - tiven algún tempo para atender ó que, na derradeira semana, se estivo a representar na escena política italiana.
Comentareivos, nos vindeiros días, tres asuntos, seguindo unha escala que vai do mais frívolo o máis serio (por non empregar o seu sinónimo "grave") : 1) As liortas conxugais (e públicas) dos Berlusconi; 2) Os debates sobre a actual política exterior italiana e 3) A violencia no "calcio" e as súas consecuencias.
O comezo da pasada semana viu marcado polo affaire marital dos Berlusconi, que excedeu os marcos da privacidade doméstica para ser "ventilado" nos media italianos, non sen certo rubor dalgúns dos comentaristas políticos máis reputados, como Bruno Vespa (Raiuno) ou Gad Lerner (La 7). Veronica Berlusconi, a quen os medios de comunicación, ante os insistentes rumores de divorcio, refírense cada vez con máis frecuencia polo seu nome artístico de solteira, como Veronica Lario, escribiu unha carta aberta, publicada o martes 30, ó director do diario de centro - esquerda La Reppublica (o máis belixerante con "Il Cavaliere") na que esixía a este excusas públicas por ter ferido a súa dignidade como nai e esposa (semella que non como muller). O caso é que até ela chegaran comentarios relativos os piropos e galanteos que Silvio Berlusconi adicara nunha festa en Roma, o fin de semana anterior, a varias mozas, entre elas a ex - presentadora televisiva, agora deputada de "Forza Italia" (FI), Mara Carfagna, a quen lle dixo: "Se non estivera xa casado, casaría con vostede de inmediato" ou a outra estrela actual da TV italiana e probablemente, tamén futura deputada de FI, Melissa Satta, a quen adicou un romántico "Contigo marcharía onde fora". Berlusconi aprestouse a respostar á sua esposa o día seguinte (mércores 31) con outra carta aberta na que, nun ton bastante cursi, declaraba que "gardaba a súa dignidade de esposa como o ben máis precioso" e na que, abofé, presentaba as reclamadas excusas.
O paradoxal deste asunto doméstico é que, o que podería ter sido un serio revés político para o hoxe moi cuestionado liderazgo de Berlusconi do centro - dereita italiano, convertiuse nun notable incremento da popularidade da personaxe, e, peor aínda, en especial entre as mulleres italianas. Segundo algunhas enquisas, un 55% dos italianos quixeran o retorno de Don Silvio á presidencia do Consello de Governo. Estea onde estea (no poder ou na oposición), e para desesperación da esquerda italiana, Berlusconi non deixa indiferente a ninguén, e segue a manter un papel esrelar na vida pública trasalpina.
Deixando as brincadeiras a parte, o episodio conduce a varias reflexións sobre as sociedade e a política italianas. A primeira é evidente, que clase de cultura política, ou de dexeneración da mesma, posibilita que un individuo como este teña sido presidente do governo dun Estado membro do G - 8. O asunto remite tamén para o discurso hipócrita de certos sectores da dereita europea - non so da italiana - que polo día e en público enchen a boca coa defensa dun modelo tradicional de familia (de pais heterosexuais e a poder ser de observancia católica) e á noite, como di aquel refrán español: "tódolos gatos son pardos". Sen querer entrar no ámbito da vida privada das persoas, neste caso dos políticos, como ás veces acontece en exceso nas sociedades anglosaxonas, é dificilmente creíble un discurso de defensa pública duns determinados "valores", cando despois se elixen, privadamente, outras opcións. A isto chamáselle dobre moral ou "gardar as apariencias".
Pero máis que todo o anterior, o que máis me chamou a atención foi a forte compoñente dun discurso machista que semella aínda interiorizado e compartido por boa parte da sociedade italiana, e que atinxe ó concepto social de muller, de home e a idea mesma de como deben ser as relacións entre ámbolos dous sexos. Para moitas das mulleres italianas interrogadas, a actitude de Veronica Berlusconi é censurable, porque, malia a non ter nin noticias nin comunicación co seu marido en vinte días, rachou en público coa privacidade conxugal. Aínda que esperables, algúns dos argumentos de descargo de Silvio Berlusconi non deixan de ser patéticos, pois afirma, asumindo o tradicional rol do "macho", e case chiscándonos a todos un ollo en busca da nosa complicidade que "el é así", e que comete "pequenas irresponsabilidades sen importancia" (galanteos, tonteos...) que deben ser considerados normais (por non dicir normativos).
No seguinte post, comentareivos algo sobre a política exterior da coalición de centro - esquerda en Italia e o difícil equilibro interno desta.

2 comments:
Hahaha! Ainda bem que me pões em contacto com a realidade italiana. Não fazia ideia dessa "agitação". No fundo, parece que a mulher do Berlusconi, ainda é mais cretina do que ele! (a não ser que seja um golpe do próprio Berlusconi)
De facto, ele é mesmo assim, e a mulher já o sabia certamente. A questão é: Como é que um homem tão cretino pode ser um chefe de Estado?
Essa troca de cartas deixou-me com uma lágrima no canto do olho...
Enviar um comentário