Outro dos temas máis presentes estes días nos medios de comunicación italianos é a dirección da política exterior do executivo. No fondo, o que se discute politicamente, non son tanto os problemas concretos, ós que de seguido me referirei, como a aparente debilidade da coalición governamental de centro - esquerda (L'Unione), á que por aquí denominan coloquialmente "la maggioranza".
Como recordaredes todos/as, nas derradeiras eleccións lexislativas italianas (2006) o resultado foi moi apretado. A coalición de centro - esquerda (L' Unione), encabezada polo ex - presidente da Comisión Europea Romano Prodi, derrotou por unha marxe de sufraxios relativamente curta á coalición de dereita, "Casa della Libertà", que candidataba á presidencia do "Consiglio" ó inefable Silvio Berlusconi. L'Unione é un conglomerado moi heteroxeneo, no que caben dende deputados da "Margherita", moitos deles ex - democráta - cristianos, até representantes da aquí denominada "esquerda radical", como por exemplo o Partito Rifondazione Comunista. Esta diversidade está a poñer graves atrancos a unha acción de governo coherente.
A semana pasada, o senado tiña que dar o visto bo a unha orde do día presentada polo ministro de defensa Arturo Parisi, que incluía ó proxecto de ampliación da importante base militar que os EEUU teñen en Vicenza (ó Nordeste do país, nas proximidades de Venecia). Varios dos senadores da coalición de governo ou non votaron a orde do día, malia estaren presentes, ou se abstiveron (as abstencións no senado italiano equivalen a un voto negativo). Así, deuse o paradoxo de que a entrada en trámite do proxecto de ampliación foi só posible porque a dereita presentou unha orde do día alternativa á do governo na que tamén se incluía o "Asunto Vicenza". A coalición de governo votando en contra das propostas do seu propio ministro de defensa ... Eis unha bonita crise de governo aberta!! E a oposición, co vento a favor, a pedir a dimisión do gabinete Prodi porque, segundo eles, Italia non se pode permitir un executivo que non teña unha liña definida en canto á política exterior.
O problema non fai senón reproducir o que ten sido unha constante no panorama político italiano dos últimos anos, e, en certo sentido, tamén dende hai varios decenios: a hiperfragmentación da representación partidaria (máis recente, sobrevida trala hecatombe dos "partidos clásicos": Democracia Cristiana, Partido Socialista e Partido Comunista) e unha tendencia cuasi estructural á debilidade governamental que desemboca nunha constante sucesión de governos e nun récord absoluto - no panorama da Europa occidental - en canto á limitación da "esperanza de vida" de cada executivo. Non coñezo o suficiente a realidade política deste país, pero me gustaría saber cales teñen sido as liñas e políticas de fondo, os puntos en común na praxe dos daquela partidos políticos hexemónicos, que expliquen que, malia á inestabilidade política, o país fora converxendo (máis ou menos) dende a posguerra da IIª G.M. cos máis desenvolvidos do seu entorno.
Volvendo ó rego. O proxecto de ampliación da base militar norteamericana en Vicenza fora no seu día aprobado polo último gabinete de S. Berlusconi. A coalición de Prodi asumiuno, en virtude da preservación do vencello trasatlántico e da boa relación co aliado "prioritario", se cadra, un pouco enoxado pola retirada das tropas italianas de Irak a finais de 2006. Pero agora, parte dos compoñentes da súa coalición (L'Unione) aqueles máis a esquerda, decláranse publicamente en contra do proxecto, segundo algúns non por un "antiamericanismo barato" senón polo impacto ambiental que supoñerán as obras; e acoderán á manifestación anti - base convocada por diversas asociacións civís en Vicenza o día 17. E o problema acrecéntase porque en breve o governo deberá decidir o refinanciamento da misión militar italiana en Afaganistán.
Ante semellante vía de auga no barco da coalición de centro - esquerda, Prodi chamou á orde ós representantes dos partidos alidados en L'Unione nunha xuntanza de urxencia celebrada no Palazzo Chigi, a sede da presidencia do Consello. O resultado foi un compromiso colectivo que dará un pequeno respiro ó governo Prodi. Tódolos membros da "maggioranza", ante o temor a unha posible caída do governo, apoiarán un refinanciamento da misión italiana en Herat (ó Noroeste de Afganistán). Os representantes dos partidos de "sinistra radicale" explicaron o seu cambio de actitude cunha pirueta propia de trapecistas: apoiarán o mantemento das tropas en Afganistán porque se garantiron máis fondos para sufragar o labor das ONGs sobre o terreo e porque os militares italianos están en misión humanitaria e, segundo a constitución, non poden realizar accións bélicas ofensivas. A oposición de dereita critica entón, que as tropas desplegadas en Irak fosen retiradas, pois cumprían unha misión semellante. Pero a resposta é evidente. A guerra contra os talibáns no Afganistán (que non semella acadara tampouco os resultados desexados) iniciouse baixo o paraugas da ONU e a invasión de Irak foi unha iniciativa unilateral da adminisrtación Bush á que se sumaron unha serie de paises "aliados".
O próximo episodio que ameaza o precario equilibro do governo Prodi é o moi polémico proxecto de lei de parellas de feito/convivintes. Pero esa será outra historia.

2 comments:
Aquilo que referes como fragmentação excessiva do espectro político-partidária pode não ser o causador principal da instabilidade política. Esta, por sua vez, pode não ter que ser automaticamente sinónimo de má política.
Da minha experiência de vida em Roma leva-me a ver o contexto político italiano muito marcado por 2 vectores: os arranjos políticos na cúpula (nas 2 câmaras: Senado e Parlamento) um bocado à maneira do Império Romano, reproduzindo um mundo autocentrado, clientelar e um quanto sofista; e a bipolarização acentuada, que obriga a constantes compromissos e negociações, sob pena de derrota.
Há outros factores, claro.
Seja como for, partilho da tua inquietação sobre o impacto negativo da extrema diversidade do espectro político-partidária. Só não sei se ele é assim tão grave ou se não tem o outro lado da moeda, a maior representatividade político-social, a redução da tensão social, maior necessidade de compromisso, etc..
Aqui está uma discussão eterna, a começar para os próprios italianos!
Concordo bastante coas tuas apreciacions, Daniel. E penso que, por exemplo, no laboratorio politico espanhol verificanse bastante ben, en especial na actualidade, onde alcanzar un consenso amplo ten sido imprescindible para que o actual governo puidera sacar adiante algunhas das suas iniciativas lexislativas de mais peso (matrimonio homosexual, politica antiterriorista ou memoria historica...). En xeral, non me convencen nada os sistemas politicos con tendencia o bipartidismo (moito lles gustaria o PP e o PSOE que isto fose asi hoxe en Espanha)que sempre me remiten historicamente a longa etapa da primeira Restauracion borbonica en Espanha, (1876 - 1923)cos partidos (mellor dito grupos de notables) conservador e liberal a practicar o "turnismo" no poder, o "encasillado" e unha fraude electoral sistematica malia o teorico reconhecemento do sufraxio universal dende - comparativamente - tan cedo como 1890. Ainda hoxe, escoitanse voces en Espanha, principalmente entre o PP e Izquierda Unida (IU), partidos de ambito estatal, que reclaman unha revision do sistema de representacion proporcional dos partidos politicos porque consideran que as formacions nacionalistas estan sobrerrepresentadas e son demasiado influintes na vida politica cotia. Como dicia no post, ainda non conhezo demasiado ben as dinamicas politicas italianas, pero en certo modo, penso que foi a inestabilidade do propio sistema, asi como unha particular cultura politica -habera mais factores - o que posibilitou a aparicion e o protagonismo politico de formacions da dereita (tendentes cara o estremo e os discursos populistas) como a Lega Nord ou Forza Italia. Por outra parte, dame a sensacion de que en Italia - como en Espanha - determinadas formacions politicas minoritarias (como Partito Rifondazione Comunista ou Esquerra Republicana de Catalunya), que tenhen vivido longos periodos na oposicion, deberian cambiar o "chip" e ganhar a madurez politica que requiere a accion de governo, ainda que iso suponha as veces transaccionar ou ceder en algo para acadar consensos.
Por outra parte, a caracterizacion que fas das elites politicas italianas, co seu inmovilismo e tendencia historica para a autorreproduccion permanente,tamen resulta bastante clara, se ben penso que e unha tendencia que se ben dando noutros paises do entorno. De ai a gran novidade que eu creo supuxo a irrupcion de dirixentes politicos "de outra xeneracion" como Zapatero en Espanha e sobre todo, Tony Blair na politica britanica, ou Jose Socrates... disto sodes vos os que sabedes. En fin, da para algunha reflexion. Agardo poder aproveitar estes meses por aqui para levar tamen unha imaxe o mais completa posible deste panorana politico local.
Enviar um comentário