O fútbol italiano vive nunha montaña rusa. O pasado mes de xullo, Italia proclamouse, un pouco inesperadamente, campiona do mundo, vintecatro anos despois. E isto no medio dunha serie de escándalos que están a golpear con forza ó "calcio". Primeiro foi o arranxo de partidos no que se viron implicados directivos de clubes como o Milan, a Juventus, a Lazio ou a Fiorentina ("caso Moggi"). Malia o impacto mediático das iniciais sancións deportivas, o asunto pechouse en falso. Hai unhas poucas semanas, as sospeitas xudicais dun novo caso de corrupción apuntaron de novo para o fútbol. Os maxistrados italianos están a investigar se os presidentes e directores xerais dos clubes inflaban os prezos dos traspasos de xogadores de calidade media, ou de promesas moi novas, para blanquear cartos ou quedar eles, como axentes destas operacións, con enormes sumas de diñeiro.
A pinga que fixo rebordar o vaso, chegou o pasado venres día 2 de febreiro. Xogábase en Catania o "derby" siciliano entre o equipo local e o Palermo, ámbolos dous na loita por un praza para a "Champions League". Os ultras do Catania intentaron atacar ós do Palermo dentro do estadio cunha choiva de petardos, bengalas e até cunha granada lacrimóxena. A policía impediullo. O partido tivo que ser suspendido. Os ultras do Catania abandonaron o recinto e comezaron a atacar á policía. As imaxes transmitidas pola TV daban conta de algo que se achegaba bastante á acción planificada dunha pseudoguerrilla urbana que en ocasións conseguía arrinconar e intimidar á policía. No curso dos disturbios morreu un inspector xefe da policía de Catania, Filippo Raciti, de 38 anos, casado e pai de dous fillos, ó seren golpeado por unha barra metálica que os ultras cataneses arrancaran dos lavabos do estadio. O drama non acaba aquí, porque durante esta pasada semana a policía identificou ó presunto asasino, un mozo menor de idade (17 anos) estudante de electrónica, ultra do Catania dende hai dous anos e sen antecedentes penais nin ningún vencello político - a diferencia dalgúns dos outros detidos - con organizacións da estrema dereita italiana.
As alarmas sociais disparáronse esa mesma noite. Xunto coa conmoción pola morte do inspector Raciti, abriuse un intenso debate público sobre qué medidas tomar e para ver qué estaba a pasar co mundo do fútbol e coa violencia xuvenil a el asociada. O comisario especial de seguimento do "calcio" (a Federación está actualmente intervida polo governo) suspendeu tódalas competicións previstas para ese fin de semana. A cuestión era saber se o debate acabaría outra vez en nada, e nunha volta máis ou menos rápida á "normalidade", impulsada polas urxencias do negocio (pagos das TV, patrocinadores, salarios dos xogadores, traspasos multimillonarios) ou, serviría, desta vez, para mudar algo. Lembrouse arreo que o anterior goberno de coalición da dereita, aprobara un decreto, o "decreto Pisanu" (nome do ex - ministro do Interior) que obrigaba ós clubes a realizar toda unha serie de reformas nos estadios que garantisen a seguridade. Nada se fixo daquela. Nesta ocasión, e malia oposición dos clubes de fútbol - con declaracións moi desafortunadas do seu presidente Antonio Materrese - catro días despois dos sucesos, o governo aprobaba toda unha serie de medidas ó respecto: tódolos estadios da primeira e da segunda división deberán contar con tornos para controlar o acceso, as entradas terán que corresponderse cun asento numerado e saberase a identidade do comprador, quedan prohibidos os desprazamentos masivos de ultras a estadios de equipos rivais e mais a venda colectiva de entradas a estes; non se permitirá os clubes manter relacións "pseudoinstitucionais" (apoio económico) cos seus seguidores máis violentos; o lanzamento de petardos, bengalas e botes de fume ó campo de xogo poderá acarrear penas de até catro anos de cadea; amplíase a 48 horas o período de detención cando os afeccionados ultras sexan collidos "in fraganti"... e sobre todo, os encontros xogaranse sen público mentras as instalacións dos clubes de fútbol non cumpran coa nova normativa. Esta foi a medida que máis alporizou ó dito "mundo do fútbol", cos presidentes e mesmo algúns xogadores falando de "desnaturalización da competición" e ameazando coa suspensión sine die da mesma, porque, no fondo "show must go on". Pero desta vez, o clamor foi tan grande que non tiveron máis remedio que aceptar as condicións governamentais. Este domingo reanudouse o campionato na Serie A, coa metade dos estadios baleiros e o do Milan co acceso limitado ós socios (é dicir, os identificables).
Moito se ten falado nestes días na opinión pública italiana, mesmo nas declaracións de políticos como os ministros de Xuventude e Deportes (G. Melandri) ou de Interior (G. Amato) do fenómeno do "hooliganismo", e de cómo as duras medidas impostas polos governos de Margharet Thatcher conseguiran - aparentemente - acabar con el no Reino Unido. Sorprende moito que nun país como este, no que a presenza social e mediática do fútbol é moi destacada, se estén a debatir agora certas medidas (o establecemento de tornos de acceso ós estadios ou a contratación polos clubes de persoal de seguridade) que son normais noutros países do seu entorno. No caso de España, que tampouco é ningún paraíso da "pax futbolística", e onde periodicamente hai algún rebrote de violencia entre ultras de diferentes equipos ou até entre faccións dos do mesmo, o acceso controlado ós campos (tornos, cacheo, persoal de seguridade, prohibición de entrada con obxectos contundentes ou en estado de embriaguez) levan implantadas polo menos quince anos. Mesmo o presidente do FC Barcelona, Joan Laporta, prohibiu (caso excepcional) a entrada dos ultras no Camp Nou, o que lle costou amezas de morte da parte destes. Na actualidade, tal vez o principal problema o que se enfronte - dende o punto de vista social e político - o fútbol español, non sexa nin a longa sombra do dopping nin sequera o endebedamento descontrololado dos clubes, senón a aparición en certos estadios (Xetafe, na periferia de Madrid, ou Zaragoza) de manifestacións de racismo que a moitos nos causan unha fonda vergoña. Pero, volvendo ó caso italiano, a explicación a este retraso ten que estar na falta de rigor dos poderes públicos e na enorme capacidade de presión, influencia política, mobilización de recursos económicos... dos clubes. E mesmo, é posible, dunha certa connivencia/identidade entre dirixentes do fútbol e políticos. O anterior presidente do Consello, S. Berlusconi, todo o mundo o sabe, o é tamén do AC Milan, e, esta mesma semana, xa se amosou contrario a que os partidos se xoguen sen público nos estadios aínda non acondicionados.
Pero, o que máis me chamou a atención do debate público destes días sobre a violencia no fútbol italiano foi que tódalas opinións (dos xornalistas, dos analistas, dos ex - futbolistas, dos políticos...) se centraban no "calcio" e no reforzo da seguridade nos estadios e nos seus arredores, e ninguén se detía por un instante a reflexionar sobre o entorno socioeconómico e cultural dos mozos que protagonizaran esta modalidade de violencia urbana en Catania. Qué taxa de paro hai entre a xuventude catanesa, e de delincuencia común, qué presenza ten a "cosa nostra" na vida de Sicilia, cáles son os niveis de fracaso escolar, cál o grao de corrupción das institucións políticas, a quen representa a policía... cál é a medida da frustración destes mozos ultras que podería estar detrás do seu comportamento nos estadios, a qué van e por que van estes mozos ó fútbol... ¿non irían igual ós partidos de volleyball ou os torneos de golf se estes fosen un espectáculo de masas asimilable ó balompé? ¿por qué se socializan deste xeito e non doutros alternativos? En certo sentido, cando vía as imaxes dos incidentes, estas me remitían para as dos disturbios que protagonizaron en 2005 os mozos "franceses" dos barrios perifércos de Toulouse e doutras grandes cidades do país galo. E detrás de todo isto, como probablemente na Inglaterra da recesión industrial dos anos 80, penso que está unha enorme frustración producto dun sentimento de exclusión respecto das oportunidades (ou mellor dito, das expectativas) de mellora social e persoal.
Con isto non quero xustificar os comportamentos violentos de ninguén, pois se cadra non sempre se poden explicar acudindo a unha racionalidade de fondo e, dende logo, aínda que hai tempo que non cremos no espontaneísmo da acción colectiva das masas, haberá individuos que sexan, en si mesmos, violentos, pois este tipo de instintos acompáñannos como humáns que somos e só nos queda educalos e reprimilos (ou, o que o mesmo, castigalos mediante a lei) no seo das nosas sociedades. Xa o propuxera un tal Hobbes.
Con todo, dóeme que a vítima de todo isto, ou de tanta xente e intereses que se moven ó seu redor, sexa un deporte tan bonito como é o fútbol. Quizais, no seu éxito social, estea tamén a súa condea. Para finalizar, só unha proposta para os seus amantes: menos partidos na TV, menos merchandising, menos prensa deportiva, menos locutores de radio e MAÍS GAÑAS DE XOGALO NOS PARQUES E NOS CAMPOS DAS NOSAS CIDADES!!! A satisfacción de xogar un bo partido cos amigos enche moito máis ca unha victoria do teu equipo da alma... Se cadra, os ultras do Catania había demasiado tempo que non tocaban unha bola...

0 comments:
Enviar um comentário